lunes, 19 de enero de 2026

Día da Paz 2016: 1000 Grúas pola paz

Este ano queremos conmemorar o día da Paz rememorando a historia de Sadako Sasaki e a lenda das 1000 grúas. Entre todo o cole intentaremos construír 1000 grúas de papiroflexia coas que poder pedir os nosos desexos de paz.  Anímaste a axudarnos?



PASOS

- Colle un papel, pode ser reciclado e da cor e tamaño que queiras.

-  Escribe o teu desexo de paz.

- Dóbrao seguindo as instruccións para crear unha grúa. 

- Lévao á entrada do cole para formar parte do mural colectivo.

- Entre todos temos que conseguir chegar a 1000. As familias tamén podedes colaborar.

Se queres coñecer a historia de Sadako Sasaki e a lenda das 1000 grúas, aquí podes vela:


Se non sabes facer grúas de papel, aquí tes un tutorial que pode axudarche.

No hay comentarios:

Publicar un comentario