Hoxe despedimos aos axundantes de biblioteca deste curso escolar, orgullosas do seu traxecto e agradecidas polo seu esforzo e traballo para ser cada día máis competentes. Agardamos que sigades en contacto cos libros e coas bibliotecas por moitos anos máis.
viernes, 19 de junio de 2026
lunes, 15 de junio de 2026
martes, 9 de junio de 2026
Carreira solidaria
Este venres día 12 de xuño realizaremos a X carreira solidaria do Víctor López Seoane. Nesta ocasión colaboraremos coa ONG coruñesa Miradas al Mundo: https://miradasalmundo.org/ Na súa páxina podedes consultar o traballo que fan relacionado coa infancia en diferentes proxectos.
O alumnado está asistindo esta semana a actividades de sensibilización da man dunha das membras da ONG, que lles conta os labores que teñen en marcha actualmente. E tamén lles da a oportunidade de coñecer a nenos e nenas de Ginea Bissau e a voluntarios que a través dunha videochamada lles contan a súa experiencia e vivencias.
Convidamos á participación de todas as familias do colexio correndo e facendo achegas económicas para que podamos axudar a todos os nenos/as no exercicio dos seus dereitos e previndo a pobreza. O colexio estará aberto para que poidades animar ao alumnado na hora que corresponda e despois correndo no turno das familias. Cada grupo ou nivel correrá a unha hora determinada. Informaremos sobre o horario para a semana cunha mensaxe ABALAR. Moitas grazas polo interese e a colaboración.

