Hoxe despedimos aos axundantes de biblioteca deste curso escolar, orgullosas do seu traxecto e agradecidas polo seu esforzo e traballo para ser cada día máis competentes. Agardamos que sigades en contacto cos libros e coas bibliotecas por moitos anos máis.
Biblioteca Seoanín
Blog da biblioteca do CEIP Plurilingüe Víctor López Seoane
viernes, 19 de junio de 2026
lunes, 15 de junio de 2026
martes, 9 de junio de 2026
Carreira solidaria
Este venres día 12 de xuño realizaremos a X carreira solidaria do Víctor López Seoane. Nesta ocasión colaboraremos coa ONG coruñesa Miradas al Mundo: https://miradasalmundo.org/ Na súa páxina podedes consultar o traballo que fan relacionado coa infancia en diferentes proxectos.
O alumnado está asistindo esta semana a actividades de sensibilización da man dunha das membras da ONG, que lles conta os labores que teñen en marcha actualmente. E tamén lles da a oportunidade de coñecer a nenos e nenas de Ginea Bissau e a voluntarios que a través dunha videochamada lles contan a súa experiencia e vivencias.
Convidamos á participación de todas as familias do colexio correndo e facendo achegas económicas para que podamos axudar a todos os nenos/as no exercicio dos seus dereitos e previndo a pobreza. O colexio estará aberto para que poidades animar ao alumnado na hora que corresponda e despois correndo no turno das familias. Cada grupo ou nivel correrá a unha hora determinada. Informaremos sobre o horario para a semana cunha mensaxe ABALAR. Moitas grazas polo interese e a colaboración.
jueves, 28 de mayo de 2026
Visita María Reimóndez
Onte visitou ao alumnado de 4º de primaria a escritora María Reimóndez co seu libro O xeito das froitas.
lunes, 18 de mayo de 2026
Día das familias
O pasado 15 de maio foi o día das familias. Dende o equipo de infantil queremos aproveitar esta data para convidados a unha xuntanza na escola coas vosas crianzas de infantil. Será o VENRES 29 de MAIO de 12:30 a 13.20. Proposta:
- Xuntarvos coa vosa nena/o no porche.
- Pasear e xogar polo patio nos diferentes espazos lúdicos acompañados por vós.
- Finalizaremos cantando nunha gran roda a canción “O xogo da carrasquiña” de Pesdelán.
* En caso de choiva, ten que se suspender a actividade.
Agardamos poder contar coa vosa asistencia.
PLANO DE ACTIVIDADES:
https://drive.google.com/file/d/1m2W8PySgPfxgOslDfdjNWgHr6h9kOU7q/view?usp=sharing
CANCIÓN:
Aquí tamén se fala galego
Estés foron os deseños de chapas finalistas para as letras galegas deste 2026. Cada chapa corresponde a un dos cursos do cole.
Exposición Begoña Caamaño:O alumnado representante do consello da infancia decidiu de entre as 18 finalistas cal sería a elexida para este ano.









