martes, 21 de abril de 2026

Día do libro

Apadriñamento lector



 

Obradoiro de radio

 Onte puidemos disfrutar dun Obradoiro de radio da man de Damián Alonso para alumnado e familias. Achegámonos ao mundo da locución, aprendendo a xogar co ton, a intensidade e o ritmo, creando mini programas de radio e levándoos á antena a través dos micros e a mesa de son. Toda unha experiencia coa que adentrarnos no mundo da radio escolar.
No seguinte enlace poderedes escoitar algúns dos programas creados: PROGRAMA RADIO



jueves, 9 de abril de 2026

Obradoiro de radio

Este curso continuamos coas formacións relacionadas coa convocatoria "Lectura e familias". 

Nesta ocasión, coincidindo coa inauguración da radio do cole, convidámosvos a participar no obradoiro “Aprende a contar....” no que o alumnado, acompañado dalgún membro da súa familia, aprenderá a contar historias, contos, ou simplemente a comunicar coa voz. As participantes practicarán a lectura en voz alta, a proxección da voz, o uso do seu corpo para transmitir, e a darlle emoción a súa presentación.

DATA E HORA: LUNS 20 DE ABRIL, 16:30h
DURACIÓN: 130 MIN.
FORMADOR: Damián Alonso
PRAZO PARA INSCRIBIRSE: Do xoves 9 ao xoves 16 de abril.
NÚMERO DE PRAZAS: 25 Adultos con nenos/as. Por orde de inscrición. Para 3º, 4º,5º e 6º de EP. 

Se estás interesado/a, cubre o seguinte formulario cos teus datos. 


Recibiredes un correo coa confirmación da vosa inscrición a través do correo electrónico que empreguedes na resposta a este formulario. Calquera dúbida podes escribir ao correo da biblio: biblioseoanin@gmail.com
Agardámosvos!