Comezamos novo curso escolar con moitas novidades na organización dos libros da nosa biblioteca e a xestión dos mesmos a través dun novo sistema de préstamo e devolución.
Nas vindeiras semanas o alumnado de cada un dos cursos acudirá a biblioteca para recibir a formación pertinente, coñecer as normas e a organización da mesma. Xa non queda nada.
É tempo tamén de convocar ao alumnado de 6º curso para que se anote como colaborador da nosa biblioteca, acudindo no recreo que teña asignado a facer as labores de préstamo/devolución e atención en sala. Estade atentos rapaces e rapazas que pronto recibiredes unha convocatoria para poder anotarvos. Agardámosvos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario