Rematamos a semana co tradicional Trick or treat polas aulas e cos contacontos para 2º de primaria: un relato de “El gran libro del miedo” e “Mortiña”.
jueves, 30 de octubre de 2025
miércoles, 29 de octubre de 2025
Contos de medo: mércores
Hoxe pasou polo túnel o alumnado de 5 años, que onte tiveron a súa sesión de contacontos co libro “Esquelrtos divertidos”.
Tamén foi a quenda do alumnado de 1º que desfrutou do conto “Unha extraña visita”. Grazas a todas por participar.
Contos de medo: martes
Continuamos o paso polo túnel do terror co alumnado de 5º e 6º que asitiron a unha sesión de vivenciación de “música e medo”.
Despois foi a quenda de 4º que desfrutaron coa interpretación do conto “Vampire Victor’s vegetable garden”.
Por último, o alumnado de 4 años cos contos de “O say boo, you say hoo” e “Vampiro Edelmiro”.
martes, 28 de octubre de 2025
Contos de medo: luns
Chega o Samaín e con el as visitas ao túnel do terror e os contacontos de medo preparados polas familias.
viernes, 24 de octubre de 2025
Formación de usuarios
Esta semana e a vindeira estamos a realizar a formación de usuarios da biblioteca. Todos os cursos de primaria visitarán a biblioteca para repasar as normas, coñecer o funcionamento e descubrir as novidades.
viernes, 10 de octubre de 2025
Mochilas viaxeiras
Comenzamos coa actividades Mochilas viaxeiras. Este venres saíron para a casa cargadiñas de contos para pasar un rato divertido en familia. Nas fotos podedes ver aos encargado@s de vir a recollelas. Boa viaxe!
martes, 7 de octubre de 2025
Tempo de Samaín
Como todos os anos celebraremos Samaín/Halloween no cole con diferentes actividades (truco ou trato, paso polo túnel do terror, contacontos). O xoves 30 de outubro poderán vir disfrazados, evitando máscaras e complementos perigosos. Como no curso pasado, convidámosvos a participar na narración/representación de contos de medo. Se tedes dispoñibilidade e vos apetece participar, anotádevos no seguinte cuestionario na hora e data do curso do voso fillo/a.
Axudantes de biblioteca
Comezamos novo curso escolar con moitas novidades na organización dos libros da nosa biblioteca e a xestión dos mesmos a través dun novo sistema de préstamo e devolución.
Nas vindeiras semanas o alumnado de cada un dos cursos acudirá a biblioteca para recibir a formación pertinente, coñecer as normas e a organización da mesma. Xa non queda nada.
É tempo tamén de convocar ao alumnado de 6º curso para que se anote como colaborador da nosa biblioteca, acudindo no recreo que teña asignado a facer as labores de préstamo/devolución e atención en sala. Estade atentos rapaces e rapazas que pronto recibiredes unha convocatoria para poder anotarvos. Agardámosvos!




























