Estreamos novo blog da biblioteca do CEIPP Víctor López Seoane co nome da nosa actual mascota: a serpe Seoanín.
Nel continuaremos o traballo realizado no anterior blog https://bibliomistos.blogspot.com/. Amosando as novas da nosa biblioteca e as actividades que nela se irán realizando.
Agardamos as vosas visitas e participación! Podedes facervos seguidores para recibir as alertas das novidades.
Deixámosvos tamén nova dirección de correo da biblioteca para que poidades poñervos en contacto con nós: biblioseoanin@gmail.com
Comezamos!